O historiador carballiñés e profesor da Facultade de Historia da Universidade de Santiago David Chao Castro pecha esta tarde ás 20,00h na vella igrexa parroquial o ciclo de conferencias de Semana Santa programado pola Confraría da Vera Cruz. Disertará sobre o tema: “Do Santo Sepulcro de Xerusalén ao Santuario da Vera Cruz de Antonio Palacios”.