A presentación tivo lugar no concello coa asistencia do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, a actriz carballiñesa Josi Lage, e o actor e director da compañía, Gabriel Faversani, a quen coñeceu a actriz carballiñesa na súa recente xira por Sudamérica.
Esta compañía é a terceira vez que visita Galicia, e nesta xira internacional estará en 50 cidades, según dixo Faversani. O concelleiro agradeceu que elixira O Carballiño para ás súas representacións.
“Os contos de Gabotino” representarase ás 12,00 h e “Vin verte” o fará ás 20,00 h, cun prezo da entrada en ambas obras de 4€.