A proposta produciuse hai unhas semanas, cando as autoridades locais deste municipio do norte de Italia puxéronse en contacto co concello do Carballiño para irmanar ambas
localidades que comparten a celebración de dúas feiras gastronómico-culturais semellantes,
como son a Fiera del Polpo e a Festa do Pulpo.
Por este motivo, o pasado martes, o concelleiro de Comercio e Feira de Padovana, Davide Lafelice, e o concelleiro de Turismo carballiñés, Manuel Dacal, así como coa presencia do
alcalde, Francisco Fumega, mantiveron unha conversa a través dunha videoconferencia co obxectivo de perfilar os detalles desta proposta, que foi moi ben acollida no consistorio
carballiñés, xa que se interpreta como unha boa oportunidade para potenciar o carácter
internacional e turístico da Festa do Pulpo.
Na mesma acordaron intercambiar información para formalizar o irmanamento, así como realizar sendas visitas ás respectivas localidades durante ambas celebracións turísticas. Así, o
concelleiro de Noventa Padovana comprometeuse a viaxar ao Carballiño na próxima Festa do
Pulpo en agosto, concretamente o día da celebración da Tapa Xigante, que lle chamou moito a atención, e o concelleiro carballiñés visitará a Fiera del Polpo de Noventa Padovana no mes de outubro, que é cando se celebra.
Noventa Padovana tén 10.820 habitantes e atópase a 9,5 km de Padua, capital da provincia, e
a 36,3 km de Venecia. A súa fiera del Polpo é unha celebración gastronómico-cultural semellante á que tén lugar no Carballiño, cunha vertente gastronómica e outra lúdica e
cultural, con atraccións e espectáculos musicais. A única diferencia reside no xeito de
preparación do pulpo, que non coincide coa do pulpo á feira do Carballiño.
Por parte das autoridades carballiñesas levantouse acta desta primeira xuntanza telemática co
obxectivo de avanzar na tramitación do proceso de irmanamento coa localidade italiana.